Personalizar e instalar complementos

arroba


Instalar complementos en Thunderbird

Thunderbird permite unha alta personalización para que cada usuario poida adaptalo ás súas preferencias e gustos persoais, dunha maneira sinxela.

A continuación veremos un exemplo de personalización, por medio da instalación dun complemento de tipo "Tema"

En primeiro lugar, accedemos ao menú principal (botón da esquina superior dereita).
A continuación, seleccionamos a opción "Complementos"

    

Personalizar 

Na pantalla de xestión de "Complementos" podemos ver na parte esquerda que os complementos dispoñibles están organizados por categorías: Extensións, Temas e Idiomas.

Para instalar calquera dos complementos, simplemento deberemos pulsar sobre o botón azul "+ Engadir a Thunderbird" que corresponde co complemento que desexamos.

     

Complementos

Neste caso, seleccionaremos o tema "Thunderbird suave", que cambia o aspecto da aplicación introducindo formas suaves e redondeadas, así como tamén un fondo co logotipo na cabeceira. 

   

Instalar tema

Despois de pulsar o botón "+ Instalar o tema", instálase automáticamente e o aspecto final de Thunderbird queda como se mostra na seguinte imaxe.

      

tema instalado

Existen outros moitos complementos e temas que poden ser instalados polo usuario de igual maneira, facendo un único clic no  botón de instalación.

      


  Cliente de correo Thunderbird

arroba
Última modificación: sábado, 23 de abril de 2022, 10:39 PM