2. Pantalla principal de Thunderbird

  Pantalla principal de Thunderbird

arroba


Interfaz principal de  Thunderbird

A pantalla principal de Thunderbird mostra, por defecto, a caixa de entrada da conta de correo que está configurada (na parte esquerda da pantalla) así como todos os botóns que corresponden ás distintas funcionalidades.

Vista xeral


Na banda superior podemos atopar os seguintes botóns, de esquerda a dereita:

  1. Recibir mensaxes
    Pulsa este botón para recibir mensaxes novas da conta de correo configurada
  2. Escribir
    Crear unha nova mensaxe
  3. Conversas
    Amosa a lapela das conversas
  4. Axenda de enderezos
    Mostra a axenda de enderezos do usuario
  5. Etiqueta
    Permite etiquetas mensaxes
  6. Filtro rápido
    Permite filtrar determinadas mensaxes con filtros predeterminados
  7. Cadro de busca
    Ferramenta de busca de mensaxes
  8. Botón de menú principal
    Botón principal de menú de Thunderbird que da acceso ás funcionalidades e configuracións que ofrece este cliente de correo.

Pantalla principal

     

Cando se pulsa sobre o botón de menú principal (esquina superior dereita da pantalla) despréganse as funcionalidades de configuración e utilidades.

     

Pantalla principal


             

  Cliente de correo Thunderbird

arroba
Última modificación: Sábado, 23 de Abril de 2022, 21:52