3.8. Matrices de valoración

  Que son as matrices de valoración

   

Que son as matrices de valoración

As matrices de valoración (SmartEvidence) permiten traballar en Agueiro con marcos de competencias e asocialos ás coleccións de páxinas dos usuarios para poder avaliar as páxinas que compoñen as coleccións en base a estas matrices de valoración.

Para que un usuario poida traballar con matrices de valoración nas súas páxinas, un administrador da comunidade dixital á que pertence ese usuario debe habilitar esta funcionalidade na pantalla de configuración da propia comunidade.

Menú = "Administrar - Comunidades - Habilitar matrices de valoración"

Os usuarios que non pertencen a ningunha comunidade non teñen acceso a esta funcionalidade.

    

Matrices valoración

   

Como se usan as matrices de valoración

IMPORTANTE: As matrices de valoración asócianse ás coleccións de páxinas, pero a avaliación realmente faise sobre cada unha das páxinas que compoñen a propia colección.

1 Na pantalla de edición da colección, o usuario debe seleccionar a matriz de valoración que desexa asociar a esta colección. 


Seleccionar matriz

   NOTA: Debes compartir esta colección (as páxinas que a compoñen) co usuario profesor que desexes que realice a avaliación.

   

2 Despois de asociar unha matriz de valoración coa colección, cando o usuario accede de novo á colección pode comprobar que a primeira páxina da colección agora é a matriz de valoración, é dicir, a matriz de valoración móstrase como páxina inicial da colección.

O estado inicial de todos os elementos a valorar é "Non dispoñible para valorar" (Punto gris )

O usuario deberá pulsar sobre o punto gris (Punto gris que corresponda cos elementos que desexe que valore o/a profesor/a.

Cando o usuario cambia o estado do elemento, este pasa ao estado "Listo para ser valorado" (Punto redondo ).

Punto gris Non dispoñible para valorar (estado inicial)
Punto redondo Listo para ser valorado
Punto vermello Incompleto
Punto laranxa Parcialmente completo
Punto verde Completo

     

Matriz de valoración

    NOTA: Se desplazas o rato por encima dos elementos da matriz de valoración, podes ver que aparecen cadros emerxentes con máis información de cada elemento.

   

3 Cando o usuario pulsa sobre o punto gris, ábrese unha ventá emerxente onde o usuario deberá facer unha anotación (a anotación que desexe facer o usuario) para que este elemento pase automáticamente ao estado de "Listo para ser valorado". 
   

Listo para ser valorado


   MOI IMPORTANTE:

Os únicos usuarios que poden realizar a avaliación con matrices de valoración dunha colección son os profesores/as que forman parte dunha comunidade e que teñen o rol de "xestor" ou "administrador" da propia comunidade.

Para poder realizar esta avaliación, previamente o alumnno/a debe compartir co profesor/a a colección que vai ser avaliada.


4 Cando o profesor/a (usuario con permisos de "xestor" na comunidade) accede ao á colección ou á páxina que o alumno compartiu con él, pode comenzar a valorar os aspectos que xa mostran o estado "Listo para ser valorado", tal como se pode apreciar na seguinte imaxe.

Cada un dos aspectos, pode ser valorado polo profesor/a como "Incompleto", "Parcialmente completo" ou "Completo" e ademáis engadir un comentario a modo de "feedback".

Valoración polo profesor

Deberás pulsar o botón "Gardar" para que se garde a avaliación e que cambie o estado do elemento.

   

  Agueiro      

Última modificación: Venres, 13 de Maio de 2022, 12:05