Como crear unha listaxe de verificación

EDIXGAL

Como crear unha listaxe de verificación

Para engadir unha "Listaxe de verificación", en primeiro lugar debes "Activar edición" e a continuación pulsar sobre a opción "Engadir unha actividade ou un recurso" do tema onde queiras engadir este elemento.

   

Listaxe


A continuación, introduce un título para identificar esta listaxe de verificación e selecciona as distintas opcións de configuración que se mostran na pantalla. Por último pulsa o botón "Gardar".

checklist

Despois de crear este elemento, deberás entrar nel por primeira vez (facendo clic) e configurar os items que desexas que lle mostre aos alumnos. Podes engadir textos, frases, enlaces, ... que identifiquen as cousas que deben realizar os alumnos.

checklist

Cando xa está configurada, o aspecto que se lles mostrará aos alumnos será similar ao que se mostra na seguinte imaxe.

     

Listaxe-verificacion

O profesor creador desta listaxe de verificación ten acceso a unha vista do progreso dos seus alumnos, con barras de progreso e porcentaxes de consecución dos obxectivos propostos.

Ver progreso

      



EDIXGAL
Última modificación: xoves, 19 de xaneiro de 2023, 10:24 AM