Que son as listaxes de verificación

EDIXGAL

Listaxes de verificación

O módulo "Listaxe de verificación" permítelle ao profesorado crear unha listaxe de elementos ou items que se deben acadar ou realizar por parte dos alumnos. Este elemento pode configurarse e inserirse en calquera sección ou tema da materia por parte do profesor e será accesible polo alumnado como calquera outra actividade ou recurso.

 

checklist

  

O alumnado, pola súa parte, cando acceda á "Listaxe de verificación" deberá ir marcando cada elemento desta listaxe a medida que vaia completando ou realizando o que se indica en cada un dos items que a compoñen.

Esta funcionalidade tamén permite que o profesorado poida monitorizar o progreso dos seus alumnos en forma de barras de progreso e porcentaxes de completado.

  

Listaxe-verificacion

     



EDIXGAL
Última modificación: xoves, 19 de xaneiro de 2023, 10:23 AM