6.3. Tipos de actividades H5P
Tipos de actividades H5P
|
Tipos de actividades H5P
A continuación móstranse só algúns dos tipos de actividades que podemos crear coa ferramenta H5P, aínda que a ferramenta de creación de contidos interactivos H5P permite crear moitas máis actividades.
Pregunta de elección única single choice set |
Este tipo de actividade permite ao profesorado crear conxuntos de preguntas cunha única resposta correcta por cada pregunta. Os alumnos reciben comentarios inmediatos despois de enviar cada resposta.
Pregunta de opción múltiple multiple choice |
Arrastrar palabras drag the words |
"Arrastrar palabras" permite ao profesorado crear desafíos baseados en textos onde os alumnos deben arrastrar palabras a espazos en branco dentro das oracións.
Verdadeiro ou falso true/false question |
As preguntas de verdadeiro ou falso consisten nunha declaración ou un enunciado que esixe unha resposta que implica decidir se é verdadeiro ou falso. Alternativamente poden configurarse as respostas como Si/Non, De acordo/En desacordo, ... etc.
Xogo de memoria memory game |
Esta actividade consiste nun xogo de memoria que permite ao profesorado engadir as súas propias imaxes(e texto opcional. Para xogar, os usuarios deben buscar pares de imaxes, que amosarán unha mensaxe de texto específico unha vez que se atope o par axeitado.
Tarxetas didácticas flash cards |
Esta actividade consiste nun conxunto de tarxetas que conteñen unha imaxe nun lado da tarxeta e o texto correspondente no outro lado. Pídeselle ao alumno que escriba unha palabra ou expresión que se corresponda coa imaxe, antes de darlle a volta á tarxeta e revelar a resposta correcta.
Busca o punto correcto find the hotspot |
Imaxe con múltiples puntos image hotspots |
Esta actividade permite crear zonas interactivas sobre unha imaxe, de maneira que cando o usuario preme sobre os puntos de acceso revélase o texto asociado a cada punto.
Busca as palabras find the words |
Encher os ocos fill in the blanks |
Con esta actividade o profesorado pode crear textos ou frases nas que se ocultan/omiten determinadas palabras, mostrándose no seu lugar uns espazos en branco. O alumnado deberá escribir as palabras que faltan neses espazos en branco.
Video interactivo interactive video |
O tipo de contido "vídeo interactivo" permite crear interaccións que irán aparecendo en determinados momentos da reprodución do vídeo. Estas interaccións poden ser textos, enlaces, imaxes, cuestionarios, ... que se mostran sobre o vídeo (superpostas sobre o vídeo) en diferentes momentos da reprodución do vídeo e coas que o alumno pode interactuar: responder ao cuestionario, facer clic no enlace, etc.
|