5.4. Usuarios: accións sobre os participantes
BigBlueButton: accións sobre os participantes
|
BigBlueButton
Nunha xuntanza participan distintos usuarios. Cada un deles está representado por unha icona de cor distinta que pode ser cadrada ou circular e que ten no centro unha abreviatura do seu nome. Á dereita da icona aparece o nome do usuario. Unha pequena
icona na esquina inferior dereita de cada usuario indica o seu estado de son, que pode ser micro activado (micro verde), micro desactivado (micro vermello riscado) ou so escoitar (auriculares verdes).
Moderador e presentador
O control da xuntanza o exerce o "moderador" e a presentación a fai , naturalmente o "presentador". Ambos papeis recaen inicialmente sobre o profesor aínda que pode delegar esa función noutros participantes.
O papel de presentador indícase cun pequeno encerado debuxado na esquina superior esquerda da icona do usuario que o exerce. Será o encargado de expoñer ao resto de participantes a través da presentación central e terá control sobre ela podendo anotar,
escribir e debuxar enriba. Ten a opción de activar o modo de multiusuario do encerado permitindo a todos ou varios dos outros participantes editalo simultaneamente. Nese caso, un cartel indicará a quen corresponde cada un dos cursores que editan o
contido do encerado.
O moderador distínguese porque a súa icona é cadrada.
Na imaxe que aparece a continuación o usuario webmaster ten os dous papeis de moderador e presentador.
Pode haber varios moderadores simultaneamente pero so un único presentador.
O "moderador" pode configurar o que os demais participantes poden facer. Unha vez iniciada a videoconferencia, picando na roda dentada no panel lateral de usuarios, será quen de escoller distintas accións de control sobre estes.
As distintas opcións deste menú son:
- Limpar todas as iconas de estado: Elimina as iconas que cada participante teña establecido para amosar o seu estado (iconas que substitúen as iniciais que representan ao usuario, na imaxe do fondo unha man e unha cara).
- Desactivar o son dos usuarios: Fai que todos os usuarios queden en silencio.
- Desactivar o son a todos agás o presentador: Deixa ao presentador (que pode ser distinto do profesor) activado pero silencia aos demais.
- No caso de ter escollido unha das dúas opcións anteriores a opción dispoñible será a de "Devolver o son á xuntanza" para reverter o efecto.
- Gardar os nomes dos participantes: Se descarga un arquivo de texto cos nomes dos participantes na sesión o que pode servir, por exemplo, como comprobante de asistencia.
- Bloquear espectadores: Abre un novo menú con opcións específicas que se poden restrinxir/aplicar para os espectadores:
- Compartir a cámara web
- Vera a cámara web doutros espectadores
- Compartir o micrófono
- Enviar mensaxes á conversa pública
- Enviar mensaxes á conversa privada
- Editar notas compartidas
- Ver outros espectadores na lista de usuarios
- Crear salas parciais: Define outras salas nas que asignar conxuntos dos usuarios presentes para debates en grupos.
- Escribir lendas: As lendas están destinadas en principio para a posta en distintas linguas de informacións, traducións etc. Cada lenda corresponde a unha lingua distinta. Dado que habitualmente todos os usuarios empregarán a mesma lingua para recibir a conferencia e as súas comunicacións pode utilizarse para abrir diversas canles dentro da mesma conferencia nas que presentar información aos alumnos.
|