5.9. Compartir unha presentación
BigBlueButton: Compartir unha presentación
|
BigBlueButton
Inicialmente hai dispoñible unha presentación por defecto. Conta cunha páxina inicial con información xenérica de BigBlueButton e 11 páxinas a maiores completamente baleiras. Estas proporcionan un fondo neutro no que escribir e facer anotacións durante as explicacións.
Subir presentacións propias
Non é preciso utilizar a presentación por defecto e, por tanto, na maioría dos casos será interesante empregar unha propia. Pode ser calquera presentación ou documento que teñamos preparado para a impartición da nosa clase. Podemos subir unha presentación previamente ao inicio da videoconferencia no formulario de configuración da actividade BigBluebuttonBN na sección "Contido da presentación", ou podemos facelo unha vez iniciada a videoconferencia facendo clic na icona de Accións.
Mediante o uso do botón "Accións" (+) accédese a un menú despregable que inclúe a opción "Subir unha presentación". Na pantalla que se abre, pódese:
- Enviar novos documentos (Recomendable PDF aínda que admite imaxes, textos, follas de cálculo, etc)
- Seleccionar o documento que se vai utilizar en cada momento entre os subidos.
- Definir cada documento como descargable ou non para os participantes.
- Eliminar documentos.
|