5.7. Conversas: uso do chat durante a sesión
BigBlueButton: uso do chat durante a sesión
|
BigBlueButton
Durante a xuntanza os participantes poden propoñer cuestións, debater ou indicar problemas sen interromper a marcha da mesma. Para este fin pódense empregar conversas (chats) públicos aos que teñen acceso tódolos participantes, ou privadas entre dous participantes.
Conversa pública
O panel esquerdo permite seleccionar, entre outras opcións a conversa pública na que participan todos os asistentes. A continuación do panel esquerdo aparece a conversa en si. Ao inicio vese a mensaxe de benvida configurada ao crear a sala e a continuación as distintas mensaxes dos participantes. Cada un deles pode escribir na caixa situada ao fondo da mesma para enviar unha mensaxe.
Conversa privada
Ademais da conversa pública o profesor pode manter conversas privadas con usuarios específicos. Basta con facer clic sobre o seu nome e seleccionar a opción correspondente no menú emerxente "Iniciar a conversa privada".
|