Bolsa de recursos

EDIXGAL

Para que serve a bolsa de recursos

A bolsa de recursos é un bloque que pode ser incorporado nas materias do EVA por parte do profesorado e que permite trasladar unha copia de calquera dos recursos desde unha materia a outra.

Basicamente, trátase dunha especie de "contedor temporal" onde o profesorado pode introducir unha copia dos recursos que desexe trasladar desde unha materia a outra.

    

Como funciona a bolsa de recursos

En primeiro lugar, o profesorado debe incorporar o bloque "Bolsa de recursos" nas materias de orixe e destino dos recursos que desexe trasladar.

Activar edición 

1 Entra na materia de orixe (onde está o recurso que queres trasladar) e pulsa o botón "Activar edición"

2 Pulsa sobre a opción "Engadir un bloque" e selecciona o bloque titulado "Bolsa de recursos"

3 Debes realizar este mesmo procedemento na(s) materia(s) de destino onde queiras incluír unha copia dos recursos seleccionados na materia de orixe.

   Desta maneira, o bloque "Bolsa de recursos" xa estará visible e dispoñible nas nosas materias.

    

Bloque "Bolsa de recursos"

Despois de engadir o bloque "Bolsa de recursos", tanto na(s) materia(s) de orixe como na(s) materia(s) de destino, podemos inserir nesta bolsa todos os recursos que desexemos pulsando sobre a icona bolsaque atoparemos na parte dereita de cada recurso.

  

Como recuperamos os recursos desde a bolsa de recursos

Cando os recursos xa están na "Bolsa de recursos", resulta moi sinxelo engadilos noutra materia, noutro tema ou noutro curso. 

Simplemente deberemos pulsar sobre a icona "Engadir á materia" engadir a materia  que corresponda ao recurso que desexemos e a continuación veremos que se nos activan diversas áreas de inserción de contidos en todos os temas ("seccións") dispoñibles. 

Finalmente, só temos que seleccionar (facendo clic) a zona, tema ou sección onde queremos inserir o recurso.

   

enadir desde a bolsa de recursos

  

Tamén podemos engadir á bolsa de recursos un tema completo (unha "sección" enteira) , utilizando o botón "Copiar sección" que se mostra dentro do propio bloque "Bolsa de recursos".

    


Importante Recomendación:
Recoméndase baleirar a "Bolsa de recursos" despois de utilizala, é dicir, borrar da bolsa aqueles recursos que xa trasladamos a outro sitio.
Non aporta ningunha utilidade almacenar indefinidamente moitos recursos nesta bolsa, xa que esta funcionalidade está pensada como un "almacén temporal" de contidos.




EDIXGAL
Última modificación: xoves, 19 de xaneiro de 2023, 10:28 AM