Como se traballa con Nautilus
Área de traballo
A área de traballo mostra o contido do cartafol activo ou seleccionado en cada momento. Os elementos que se mostran nesta área de traballo son ficheiros, cartafoles, localizacións e enlaces.
Organizar elementos
Podemos organizar os elementos que se mostran na área de traballo facendo unha ordenación dos elementos según varios criterios:
- alfabéticamente por nome (A - Z)
- alfabéticamente por nome (Z - A)
- por data de modificación (ascendente)
- por data de modificación (descendente)
- por tamaño
- por tipo
- manualmente, o que nos permitirá situar os elementos no lugar que nós desexemos.
Iconas e listas
Os elementos poden ser mostrados como iconas ou como lista de elementos:
- Iconas: cada elemento móstrase cunha icona según o tipo de ficheiro (ou cartafol) e, incluso, se está activada a vista rápida, móstrase unha miniatura con parte do seu contido.
- Listas: cada elemento móstrase nunha fila (columna) mostrando información específica de cada un.
Zoom
Coa ferramenta de Zoom podemos cambiar o tamaño das iconas ou das filas (columnas) da lista. Con esta ferramenta en ningún caso modificamos o contido dos cartafoles ou ficheiros, únicamente aumentamos ou reducimos o seu tamaño en pantalla.
Mostrar ficheiros ocultos
Barra de lugares (barra de direccións)
A barra de lugares, tamén denominada barra de direccións, mostra a ruta ata o cartafol activo ou seleccionado. Cada botón desta ruta corresponde a un dos cartafoles polos que hai que pasar desde o raíz ata chegar ao cartafol actual. Só un dos botóns aparece presionado, que corresponde ao cartafol activo, de maneira que facendo clic sobre estes botóns podemos cambiar o cartafol activo.
Panel lateral (barra lateral)
Desde panel lateral temos acceso aos cartafoles por defecto existentes na área persoal do usuario (cartafol persoal), asi como tamén á icona de "Lixo" e o despregable "Outras localizacións" que nos da acceso ás localizacións dispoñibles na rede á que pertence o noso equipo.