Componentes do posto educativo no fogar
O posto educativo no fogar está formado por un equipo informático (portátil) e un servizo de conectividade asociado proporcionado a través dun router MiFi.
1. Ordenador portátil
Ordenador ACER TravelMate Spin B3 Series
Dispositivo informático que permite o acceso aos contidos de Educa en Dixital
2. Router MiFi *
Dispositivo de conectividade a través do cal proporcionase o servizo de conectividade ao equipo informático, mediante a conexión a unha rede WiFi específica.
Inclúe tarxeta SIM, insertada no dispositivo, que posibilita o acceso a internet desde calquera lugar fóra do centro educativo, durante o período que lle indicará o propio centro educativo.
( * ) MiFi: router con conexión a internet por medio dunha tarxeta SIM 3G ou 4G ("Móbil WiFi")
3. Servizo de conectividade (inclúe servizo de filtrado de contidos)
O servizo de conectividade está configurado cun servizo de filtrado de contidos que só permite o acceso a internet con fins educativos.
O nome da rede WiFi asociada a este servizo de conectividade é o seguinte: “educaendigital”.