3. Modo gráfico. O xestor de paquetes Synaptic
O xestor de paquetes Synaptic proporciona unha interface gráfica para o sistema de xestión de paquetes de Debian GNU/Linux. Xeralmente utilízase Synaptic para sistemas baseados en paquetes .deb
Permite buscar, instalar e desinstalar aplicacións do sistema operativo. Ademais, permite engadir repositorios de terceiros para instalar aplicacións que non se atopen nos repositorios oficiais.
Menú de aplicativos --> Sistema --> Xestor de paquetes Synaptic
O primeiro paso sempre é facer click en "Recargar" para actualizar as fontes dos repositorios e así poder descargar as versións máis actuais dispoñibles nos mesmos.
Ignoramos a seguinte mensaxe de erro
Última modificación: martes, 14 de novembro de 2023, 10:41 PM