Configuración da aula virtual para usar a app
A configuración da aula virtual para permitirlles aos usuarios o acceso a través da app Moodle Mobile debe ser feita por un administrador da aula virtual, xa que é o usuario que conta cos permisos suficientes para poder activar este servizo.
A configuración consta dos seguintes pasos:
1º PASO. Activar os servizos web para móbiles
Menú = "Administración - Administración do sitio - Apli móbil - Axustes para mobile"
Nesta pantalla, haberá que marcar a casilla "Activar os servizos web para móbiles" e finalmente pulsar o botón "Gardar os cambios"
2º PASO. Activar os servizos externos
Menú = "Administración do sitio - Engadidos - Servizos web - Servizos externos"
Nesta pantalla, haberá que pulsar sobre a opción "Editar" (na parte dereita da pantalla) que corresponde a cada un dos dous seguintes servizos externos:
- Moodle Mobile additional features service
- Moodle mobile web service
Despois de "editar" cada un destes servizos, mostraráse unha nova pantalla para cada un deles, na que se deberá marcar a casilla "Activado" e finalmente "Gardar os cambios"
3º PASO. Habilitar o permiso de creación de credenciais
Menú = "Administración do sitio - Usuarios - Permisos - Definir roles"
Nesta pantalla, debemos pulsar sobre a icona de edición "roda dentada" que corresponde a "Usuario autenticado"
Despois de pulsar a icona de edición (roda dentada) móstrase unha pantalla moi longa (moi extensa), obde deberemos localizar e marcar a opción;
- Crear unha ficha de servizo web (moodle/webservice:createtoken)
Nesta mesma pantalla debemos comprobar que tamén aparece marcada a opción inmediatamente anterior titulada "Crear unha ficha de servizo web para acceso de móbiles"
Finalmente, pulsamos o botón "Gardar os cambios" que atoparemos no fondo (ao final) da pantalla.
IMPORTANTE: Acceso de usuarios administradores
Por defecto, os usuarios administradores da Aula Virtual non poden usar a app Moodle Mobile, xa que o servizo de creación automática de credenciais non se permite para usuarios "administradores" por razóns de seguridade.
Para permitir aos usuarios "administradores" o uso da app Moodle Mobile, é necesario habilitar manualmente o permiso para cada un deles desde a seguinte pantalla:
Menú = "Administración do sitio - Engadidos - Servizos web - Xestionar as credenciais"
1º.- Pulsa o enlace "Engadir"
2º.- No desplegable "Usuario Buscar" seleccionar o usuario "administrador" que desexes.
3º.- No desplegable "Servizo" selecciona a opción "Moodle Mobile additional features service"
4º. -Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios"
Nota: Este procedemento só é aplicable aos usuarios administradores, para que poidan usar a app Moodle Mobile. Para todos os demáis usuarios non é necesario realizar este procedemento.