1.9. Notas
Esta aplicación permite crear o equivalente ás notas adhesivas, incluso podendo organizalas en distintos cadernos.
No modulo de Notas pódense crear, modificar, eliminar, buscar e organizar en distintas listas as notas. Tamén se poden importar e exportar os datos das notas e asignarlles categorías.
A diferenza das notas adhesivas reais, as notas dixitais poden compartirse con outros usuarios en distintas situacións e circunstancias. Se pulsamos nas opción "Xestionar Notas" (no recadro de menú da dereita) podemos compartir as notas, podemos organizalas en distintas libretas e podemos asignarlles categorías.
Última modificación: martes, 19 de xaneiro de 2021, 9:20 AM