Tarefas

       

Esta aplicación permite crear tarefas que o usuario debe realizar. Ademais, o usuario poderá poñerlle unha alarma para non esquecer o tempo restante ata que a tarefa deba estar rematada.

No módulo de Tarefas pódense crear, modificar, eliminar, buscar, compartir e organizar en distintas listas as tarefas. Tamén se poden importar e exportar os datos das tarefas e asignarlles categorías e prioridades.

   

  

   

Ademais, tamén se poden marcar as tarefas como privadas, para que non se compartan, ou como rematadas utilizando as distintas ferramentas e funcionalidades que nos ofrece este módulo.

    



Na barra de ferramentas superior, dispoñemos das seguintes opcións:

  • Listar. . Pódese ver a lista xeral de tarefas
  • Nova tarefa.. Permite crear tarefas, con todas as especificacións e características particulares que se lle queiran asignar.
  • Engadir.   Creación rápida de tarefas. Introducir unha tarefa por liña. Crea tarefas anidadas identándoas baixo a súa tarefa pai, con posibilidade de incluír as datas de vencemento coma "Reunión mañá" ou "Claustro o próximo xoves".
  • Buscar. Serve para localizar as tarefas que queremos ver ou consultar.
  • Importar/Exportar. Permite importar/exportar tarefas.
  • Preferencias. Opcións de configuración para o usuario onde pode cambiar algúns aspectos de ordenación, visualización, etc.



  

Para crear unha tarefa nova, pulsa sobre o botón "Nova tarefa" e cubre os campos que se mostran na ficha da tarefa.

 


   


Compartir tarefas

   

Á dereita da pantalla, no despregable "Xestionar Listas de tarefas" pódese dar permisos a outros usuarios sobre calquera das listas de tarefas do usuario. Estes permisos poden ser: mostrar, ler, modificar, eliminar, conceder (delegar). 

  

Os pasos serían os seguintes:

  

Paso 1

  Pulsa sobre o enlace "Xestionar Listas de tarefas".

    



Paso 2

  Na lista de tarefas que se quere compartir, fai clic sobre a icona da "chave" que se mostra á dereita.

    



Paso 3

No recadro que se mostra a continuación, introduce o "nome de usuario" (identificador) do usuario co que queres compartir esta lista e marca os recadros cos permisos que desexes.

Finalmente, pulsa o botón "Gardar e rematar".

     



    

   


  Correo corporativo       

Última modificación: martes, 12 de xaneiro de 2021, 12:00 PM