Caderno de contactos

       

O caderno de contactos é un dos módulos principais do servizo de correo web. Permite almacenar todos os contactos dun usuario facilitando así o envío de correos, ter arquivados os números de teléfono, etc... Desde o caderno de contactos pódense realizar buscas, altas, baixas, modificacións e exportar/importar os datos que conteña. Para abrir o caderno de contactos, hai que facer clic no botón Caderno de contactos da barra de ferramentas lateral.

   

 

   

A pantalla inicial do caderno de contactos mostra os contactos almacenados na letra "A", de maneira que o usuario pode moverse por todas as demáis letras de ordenación e almacenamento de contactos. A barra superior de ferramentas contén os botóns que dan acceso ás distintas funcionalidades.



  

  • Examinar. Esta opción amosa todos os contactos que contén o caderno de contactos.
  • Novo contacto. Esta funcionalidade serve para engadir un enderezo máis ao caderno de contactos.
  • Buscar. Permite realizar buscas dentro do caderno de contactos
  • Importar/Exportar. Serve para importar ou exportar os datos almacenados no caderno de contactos.



    

   

Como crear unha lista de contactos


Dentro do caderno de contactos, o usuario pode crear listas de contactos que lle permitirán agrupar os seus contactos de acordo aos criterios que considere.

Para crear unha lista de contactos, debe seguir estes pasos:

     

Paso 1

Selecciona (ou marca) os recadros que correspondan aos contactos que queiras engadir a esta nova lista

       


    

Paso 2

Fai clic no despregable que aparece á dereita do botón "Engadir" e selecciona o teu propio caderno de contactos.

      


    

Paso 3

Por último, fai clic sobre o botón "Engadir" e introduce un nome para esta nova lista de usuarios que estás creando.

   


    

  

  Correo corporativo       

Última modificación: martes, 12 de xaneiro de 2021, 12:00 PM