2.2. iOS. App de correo Apple Mail
Os usuarios que o desexen, poden configurar as súa conta de correo de “edu” no seu dispositivo móbil con sistema operativo iOS (Apple). Desta maneira, poderán acceder ao seu correo cómodamente desde o iPhone e/ou iPad.
O procedemento será diferente, dependendo de se xa existe unha conta de correo creada previamente na app “Mail” ou aínda non se creou ningunha conta.
AjustesUsaremos esta opción "Ajustes" cando xa exista previamente outra conta de correo configurada no dispositivo | |
PROCEDEMENTO 1:Se aínda non existe ningunha conta de correo configurada no dispositivo.Neste caso entramos na app Mail, que na imaxe aparece na esquina inferior esquerda. | |
Na pantalla de benvida da app Mail, pulsamos sobre a opción "Otra". | |
Na seguinte pantalla introducimos os datos:
Nome: O noso nome completo Correo: O noso enderezo de correo (acabado en “.gal”) Contraseña: O contrasinal da conta Descripción: Unha pequena descrición que nos permita identificar esta conta entre outras que poidamos ter configuradas | |
Na seguinte pantalla:
Asegurámonos de que estamos introducindo a configuración para IMAP Correo entranteHost: imap.edu.xunta.gal Usuario: O noso enderezo de correo (acabado en “.gal”) Contraseña: O contrasinal da conta Correo salienteHost: smtp.edu.xunta.gal Usuario: O noso enderezo de correo (acabado en “.gal”) Contraseña: O contrasinal da conta | |
Finalmente só nos queda pulsar o botón "Guardar" | |
PROCEDEMENTO 2:Se xa existe unha conta de correo previamente configurada no dispositivo.Pulsamos sobre a opción "Ajustes" | |
Seleccionamos a opción "Contraseñas y cuentas" | |
Como podemos observar na imaxe, neste dispositivo xa existe outra conta de correo configurada, neste caso de Gmail.
Para engadir unha nova conta de correo, pulsamos sobre a opción: “Añadir cuenta” IMPORTANTE: A partir de aqui, o procedemento é exactamente o mesmo que o explicado anteriormente. |
Última modificación: martes, 12 de xaneiro de 2021, 12:02 PM