App de correo Google Mail

        


Os usuarios que o desexen, poden configurar as súa conta de correo de “edu” no seu dispositivo móbil con sistema operativo Android.

Desta maneira, poderán acceder ao seu correo cómodamente desde o seu smartphone.

Realizaremos esta configuración en 5 pasos:

1º paso


Iniciamos a app “Mail” e seleccionamos a opción de engadir unha nova conta.

Na pantalla onde nos pide o tipo de conta de correo seleccionamos a opción “Otro (IMAP)

2º paso

 
Na seguinte pantalla pídenos o noso enderezo de correo electrónico, así que teclearemos o noso enderezo de correo completo.
 
IMPORTANTE: Debemos asegurarnos de que introducimos o enderezo rematado en “.gal

3º paso


Na seguinte pantalla pídenos o nome de usuario para o correo entrante, que coincide co noso enderezo de correo.

Os resto de datos a introducir nesta pantalla son os seguintes
 
Servidor IMAP
 imap.edu.xunta.gal

 Puerto:
 993

 Tipo de seguridad:
 SSL/TLS

4º paso

 
Na seguinte pantalla pídenos o nome de usuario para o correo de saída, que coincide co noso enderezo de correo.

 Os resto de datos a introducir nesta pantalla son os seguintes

 Servidor SMTP
 smtp.edu.xunta.gal

 Puerto:
 587

 Tipo de seguridad:
 STARTTLS

5º paso


 Por último, na seguinte pantalla pídenos o noso nome completo, polo que introduciremos o nome e os dous apelidos.

  Correo corporativo       

Última modificación: martes, 12 de xaneiro de 2021, 12:01 PM