1.3. Redactar unha mensaxe
A función principal dun sistema de correo é poder enviar mensaxes a outros usuarios. Para facer isto basta con facer clic en “Redactar” na icona da barra lateral de ferramentas e aparecerá a seguinte pantalla de redacción:
Esta pantalla ofrece diversas opcións ao usuario:
- Escribir a mensaxe en texto plano ou en formato HTML (Redacción HTML), podendo neste caso utilizar unha barra de ferramentas con funcionalidades como diferentes tipo de letra, tamaño, sangría, etc...
- Pedir que o destinatario envíe unha mensaxe automática de confirmación de lectura (Acuse de recibo).
- Enviar unha mensaxe con grados de prioridade dependendo da urxencia da mesma.
- Comprobar a ortografía do texto redactado.
- Gardar como borrador para enviar a mensaxe noutro momento
- Engadir CC, permite engadir os enderezos de correo electrónico de outros destinatarios (ademáis do destinatario principal) que tamén recibirán esta mesma mensaxe.
- Engadir BCC, permite engadir os enderezos de correo electrónico de outros destinatarios (ademáis do destinatario principal) que tamén recibirán esta mensma mensaxe, pero estes enderezos de correo non serán visibles para ningún dos outros destinatarios.
Para que se usa o campo BCC:
- Para enviar unha copia da mensaxe a unha terceira persoa, sen que o saiba o destinatario principal
- Para enviar unha mensaxe a varios destinatarios, sen que ningún deles reciba os enderezos de correo electrónico dos demáis destinatarios.
Última modificación: martes, 12 de xaneiro de 2021, 12:00 PM