Correo WebMail

    

Para iniciar unha sesión no servizo corporativo de correo web, hai que introducir o enderezo (ou URL) https://www.edu.xunta.gal/webmail no campo de dirección na pantalla do navegador.

   


    

Esta pantalla permitirá iniciar unha sesión de correo introducindo os datos Usuario e Contrasinal. O nome de usuario debe ser o identificador de usuario do correo electrónico corporativo, por exemplo:

No enderezo de correo corporativo "usuario123@edu.xunta.es", o identificador de usuario é "usuario123".


Tamén se poderá elixir o idioma co cal traballará, aínda que por defecto esta pantalla inicial móstrase no idioma configurado no navegador e no sistema operativo. Despois de acceder e identificarse, prevalecerá o idioma que teña fixado o usuario nas súas opcións.

   

   

  Correo corporativo       

Última modificación: martes, 12 de xaneiro de 2021, 11:59 AM