Para que serven as enquisas?
A enquisa permítelle ao profesor realizar unha serie de preguntas aos alumnos e analizar as súas respostas. As enquisas pódense configurar para que sexan anónimas.
Como exemplos de uso poderiamos crear unha enquisa para coñecer a opinión dos alumnos sobre unha determinada asignatura, sobre os contidos da propia asignatura, sobre as prácticas, ... etc.
Como se crea unha enquisa?
- Activar o modo edición
- No tema que se desexe, pulsar sobre "Engadir unha actividade ou un recurso"
- Seleccionar o tipo de actividade "Enquisa"
- Pulsar o botón "Engadir"
|
Imaxe 5.4.1 Actividade tipo Enquisa |
Os aspectos que podemos configurar das enquisas clasifícanse en en varios apartados.
No campo "Nome" introduciremos un título para identificar a esta enquisa, así como unha pequeno párrafo no campo "Descrición" para definir os obxectivos da propia enquisa ou o modo de funcionamento.
Ademáis deberemos escoller tamén o "Tipo de enquisa" que queiramos aplicar. Hai dispoñíbeis tres tipos de enquisa diferentes:
- ATTLS - Attitudes to thinking and Learning Survey, ou o que é o mesmo, actitudes de pensamento e aprendizaxe. Serve para medir o grado no que o alumno é un «coñecedor conectado» (tende a gozar máis da aprendizaxe, é máis colaborativo e está disposto a aprender das ideas dos demais), ou ben é un «coñecedor desconectado» (tende a adoptar unha actitude de aprendizaxe máis crítica e argumentativa).
- Critical incidents survey, ou Enquisa de incidentes críticos
- COLLES - Constructivist on line Learning Enviroment Survey, ou o que é o mesmo, enquisa en liña sobre o entorno de aprendizaxe constructivista. Serve para facer o seguimento do nivel no que a capacidade interactiva da World Wide Web pode ser explotada para que os alumnos se involucren en prácticas educativas dinámicas.
|