Para que serven os agrupamentos

Os agrupamentos permiten crear un conxunto de grupos aos que se lles pode asignar unha determinada actividade. É dicir, se creamos agrupamentos poderemos asignar actividades específicas para cada agrupamento.

Cada agrupamento pode estar composto por un ou varios grupos.

Como se crea un agrupamento

Unha vez que o grupo está creado, podemos crear o agrupamento que contén a este grupo da seguinte maneira:

  1. Seleccionamos o seguinte menú do bloque "administración":
    "Administración do curso -> Usuarios -> Grupos -> Agrupamentos (solapa)"
    Agrupamentos paso 1
    Imaxe 5.2.1 Crear agrupamento: paso 1

     

  2. Pulsamos o botón "Crear agrupamento" e introducimos un nome para este agrupamento.
    Agrupamentos paso 2
    Imaxe 5.2.3 Crear agrupamento: paso 2

     

  3. Para poder asignar un grupo (ou grupos) a este agrupamento debemos pulsar o botón [ Agrupamentos ]
    Agrupamentos paso 3
    Imaxe 5.2.4 Crear agrupamento: paso 3

     

  4. No recadro que aparece, marcamos o grupo (ou grupos) que queremos engadir ao agrupamento e pulsamos o botón "Engadir".
    Agrupamentos paso 4
    Imaxe 5.2.5 Crear agrupamento: paso 4

     

Como funcionan?

Despois de crear os agrupamentos pódese facer uso deles en calquera actividade.

Para asociar unha determinada actividade a un agrupamento, editamos a configuración desa actividade se pulsamos sobre o desplegable "Configuración común do módulo" para asignarlle un agrupamento.

Configuración común do módulo
Imaxe 5.2.6 Configuración común do módulo

Na páxina principal do curso aparecerá, ao lado da actividade, un aviso entre parénteses (só visible polo profesor, os alumnos non o ven) no que se indica o nome do agrupamento ao que vai dirixida esta actividade.

Actividade con agrupamento
Imaxe 5.2.7 Actividade con agrupamento

Última modificación: mércores, 25 de decembro de 2019, 7:45 PM