4.5. Engadir un URL
Para que serve un URL? O recurso de tipo URL permite ao profesor engadir un enlace con calquera páxina web externa ou interna. Normalmente podemos utilizar este recurso para incluír enlaces directos a determinados sitios de interese para alumnos, para que poidan visitalos sen necesidade de que teñan que escribir a dirección. Os URL poden mostrarse de varias maneiras, por exemplo abrir nunha ventá nova de maneira que o alumno poida acceder e usar este URL e despois pechalo regresando con facilidade á páxina orixinal do curso de Moodle. Como se crea un URL?
Para engadir un URL no curso, deberemos seguir os seguintes pasos:
Existen determinados parámetros que debemos configurar, ondenados por categorías, entre os que destacamos os seguintes: Xeral Nome = Introducimos un nome que servirá como título para este recurso Descrición = Escribimos un pequeno texto descritivo deste URL Contido URL externo = Neste campo escribimos a dirección da páxina web coa que queremos enlazar. Apariencia Presentar = Este axuste, xunto co tipo de URL, e sempre que o navegador do usuario permita a integración, determina como se presenta o URL. As opcións poden incluír:
|
||