O editor de texto proporciona unha interface similar á dun procesador de textos para escribir unhas liñas ou introducir outros elementos (imaxes, vídeo, enlaces, táboas, fórmulas matemáticas...) que queiramos empregar nos contidos, actividades ou en calquera espazo no que Moodle o permita, por exemplo nun formulario, nunha mensaxe dun foro, etc.

Na versión 2.6 de Moodle o editor aparece de dúas formas: reducido ou expandido. Por defecto aparece reducido mostrando unha primeira fila de iconas coas que se posibilita o acceso ás funcións máis comúns. Para acceder a tódalas iconas e polo tanto a tódalas funcionalidades do editor hai que premer na primeira icona.

Editor de texto plegado
Imaxe 4.1.1 Editor de texto plegado

 

Premendo na icona destacada na imaxe teremos acceso a tódalas funcións do editor de texto.

Editor de texto desplegado
Imaxe 4.1.2 Editor de texto desplegado

Como funciona? 

O seu uso é similar ao de outros editores de texto. Na seguinte táboa explícase o significado de cada unha das iconas e funcionalidades dispoñibles no editor de texto, na súa versión extendida.

Iconas do editor de texto
Icona Descrición
Icona Toogle  Barra Toogle = Expande ou contrae as barras de ferramentas con todas as iconas de funcionalidades dispoñibles
Icona negrita + cursiva  Estilo de texto = 1: negrita, 2: cursiva
Icona viñetas + lista numerada  Lista = 1: Lista con viñetas, 2: Lista numerada
Ligazóns, engadir - quitar - impedir  Ligazóns = 1: Engadir ligazón, 2: Quitar ligazón, 3: Impedir ligazón automática
Iconas multimedia  Multimedia = 1: Inserir ou editar unha imaxe, 2: Inserir media Moodle, 3: Xestionar ficheiros incrustados, 4: Emoticonas 
Icona desfacer - Refacer  1: Desfacer, 2: Refacer
Iconas subliñado, riscado, subíndice, superíndice  1: Subliñado, 2: Riscado, 3: Subíndice, 4: Superíndice
Aliñación do texto  Aliñación do texto = 1: Esquerda, 2: Centrado, 3: Dereita, 4: Xustificado
Sangría  Sangría = 1: Diminuír sangría, 2: Aumentar sangría
Cor do texto e cor de fondo  Seleccionar a cor = 1: Cor do texto, 2: Cor de fondo
Marcas de párrafo  Marcas de párrafo = 1: Marca esquerda de párrafo, 2: Marca dereita de párrafo
Editor CLOZE  Editor CLOZE = Ferramenta que da acceso a unha interface que axuda a crear preguntas de encher ocos na sintaxe correcta. 
Icona editar código  1: Editar código HTML, 2: Buscar, 3: Buscar e substituír
Inserir caracter e táboa 1: Inserir un espazo irrompible, 2: Inserir caracter especial, 3: Inserir ou editar unha táboa
Limpar codigo lixo  1: Limpar codigo lixo, 2: Retirar o formatado, 3: Pegar como texto simple, 4: Pegar desde Word
Pantalla completa 1: Alternar pantalla completa, 2: Editor matemático, 3: Calculador

 

Última modificación: mércores, 25 de decembro de 2019, 7:42 PM