Para que serven as tarefas? 

A tarefa é unha das ferramentas que serven para recoller o traballo dos alumnos dun curso. O profesor plantexa o enunciado e os alumnos traballarán sobre o mesmo para, finalmente, enviar unha solución ao plantexamento feito no enunciado da tarefa. 

O módulo tarefa permite aos alumnos subir documentos en prácticamente calquera formato electrónico e estes documentos quedan almacenados para a súa posterior avaliación por parte do profesor á que tamén poderá engadir un "feedback" ou comentario que chega de forma indenpendente a cada alumno mediante o correo electrónico.

A solución a unha tarefa non ten que consistir necesariamente en subir uns ficheiros á plataforma (aínda que éste é o uso máis habitual), senón que existen tarefas nas que o alumno pode escribir directamente a solución no propio Moodle ou que servirán para coñecer o enunciado, datas de entrega e calificación dos traballos entregados físicamente na aula.

Actividade tipo tarefa
Imaxe 3.9.1  Actividade tipo tarefa

Como se crea unha tarefa? 

  1. Dende a páxina principal do curso, "activar edición".
  2. No tema que se desexe pulsar sobre "Engadir unha actividade ou un recurso"
  3. Seleccionar a actividade tipo "Tarefa"
  4. Finalmente, plusar o botón "Engadir"

Os distintos aspectos que se poden configurar, clasifícanse por apartados:

Xeral

Nome da tarefa = Introduce un nome como título para esta tarefa.

Descrición = Introduce un pequeno texto a modo de descrición da tarefa.

Dispoñibilidade

Permitir entregas deSe está activado, os alumnos non poderán facer entregas antes desta data. Se está desactivado, os alumnos poderán comezar as entregas de inmediato.

Data límiteIsto é cando venceu a tarefa. As entregas aínda se permitirán despois desta data pero calquera tarefa entregada tras esta data marcarase como atrasada. Para evitar entregas despois dunha certa data, estabeleza a data de corte da tarefa.

Data de corteDe estar definida, a tarefa non aceptará entregas despois desta data sen unha prórroga.

Amosar sempre a decriciónSe NON está activado, a descrición da tarefa anterior só será visíble para os alumnos na data "Permitir entregas de".

Tipos de entrega

Entregas de ficheirosSe está activado, os alumnos deberán enviar un ou máis ficheiros como entrega.

Texto en liñaSe está activado, os alumnos deben escribir un texto (texto enriquecido) directamente nun campo do editor para a súa entrega.

Última modificación: mércores, 25 de decembro de 2019, 7:41 PM