2.1. Que é Moodle?
A educación no actual século XXI vai moito máis alá dos tradicionais apuntes, os libros de texto e as aulas como os únicos espazos físicos onde se desenvolve o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Constantemente escoitamos que se cuestiona o modelo de ensinanza tradicional e cada vez son máis os que plantexan e reclaman novas prácticas educativas máis activas e baseadas na consecución de competencias que contemplen todos os aspectos do proceso educativo. Por outro lado, tendo en conta que Internet representa a maior revolución en canto á difusión do coñecemento dende a aparición da imprenta de Gutenberg, presisabamos unha plataforma que fose capaz de integrar as diferentes posibilidades que nos proporciona a Rede en canto ao seu aproveitamento educativo. O día 20 de Agosto de 2002 publícase a primeira versión de Moodle (versión 1.0) e dende esa data ata a actualidade continúan publicándose periódicamente novas versións desta aplicación. Moodle é unha plataforma web pensada para a formación a distancia que se sustenta sobre un sistema tecnolóxico ao que podemos denominar como de web dinámica e cunha estrutura pedagóxica que inclúe elementos do contrutivismo e do construcionismo. Trátase dun software deseñado para ofrecerlles aos educadores a posibilidade de crear fácilmente cursos en liña de gran calidade, así como tamén entornos virtuais de aprendizaxe (EVA). Este tipo de aplicacións, que se utilizan para poñer en marcha e xestionar unha formación, coñécense como xestores de contidos de formación ou tamén polas súas siglas en inglés "LCMS" (Learning Content Management System). A palabra MOODLE xurde orixinalmente do acrónimo de "Module Object-Oriented Dynamic Learning Environment", que foi a denominación elixida polo seu creador orixinal Martin Dougiamas. Moodle é software libre, polo que no desenvolvemento desta aplicación colaboran actualmente moitas outras persoas de todo o mundo en canto á elaboración, modificación e actualización da propia aplicación.
|
|||