5. Participar nunha reunión
Cando un candidato a participante recibe unha ligazón para o acceso a unha sala de reunión virtual en Falemos, deberá copiar a ligazón e pegala na barra de navegación do navegador no momento do comezo da reunión.
Se está activado o modo de Sala de Espera, propoñeráselle solicitar o acceso á reunión.
O usuario deberá introducir un nome para identificarse na reunión e a continuación deberá pulsar o botón "Solicitar unirse"
Mentres o anfitrión non acepte ou rexeite a solicitude de acceso, o candidato a participante poderá ver unha pantalla de espera. Despois de que o anfitrión acepte a solicitude, esta pantalla de espera desaparece e o usuario entra directamente na reunión.
No caso de que a sala teña configurado un contrasinal de acceso, o usuario candidato a participante deberá pulsar sobre o botón de introducir un contrasinal e finalmente pulsar o botón "Aceptar".