5.5. Administración e xestión dos membros da comunidade
Xestionar membros da comunidade |
Administrar e xestionar os membros das comunidade
Os administradores dunha comunidade poden xestionar íntegramente todos os membros da súa propia comunidade. Desde o menú "Administrar - Comunidades - Membros" dispoñen dun selector/buscador de membros da comunidade, en función da situación actual de cada membro:
- Usuarios que pediron formar parte da comunidade
- Usuarios que non pediron formar parte da comunidade
- Usuarios que abandoaron a comunidade
- Usuarios inscritos na comunidade
- Usuarios que foron invitados
Cando se desprega o selector "Usuarios para mostrar" podemos acceder a unha selección automática dos usuarios que teñen ou tiveron nalgún momento algunha relación coa comunidade.
Despois de seleccionar o tipo de usuarios que estamos buscando, na parte inferior veremos dous recadros (recadro esquerdo e recadro dereito) que nos permiten realizar o tipo de xestión que desexamos. A funcionalidade do recadro da dereita cambia en función do tipo de usuarios mostrado.
Cando se selcciona a opción "Usuarios que pediron formar parte da comunidade", o recadro da dereita permítenos aceptar ou rexeitar as peticións de acceso á comunidade enviadas á nosa comunidade por parte dos usuarios.
Agueiro |