Xestión de usuarios suspendidos

 

    

icono-importante.png IMPORTANTE: As opcións descritas neste apartado únicamente están dispoñibles para os administradores da comunidade.

    

    

Xestionar contas de usuario suspendidas

 

Os administradores dunha comunidade dispoñen da opción de xestionar unha suspensión temporal das contas de usuario de algúns membros da súa comunidade dixital. 

UTILIDADE: Esta opción resulta especialmente útil cando se detectan comportamentos indebidos de algún dos membros da comunidade, de maneira que podemos impedirlle o acceso á plataforma durante o periodo de tempo que se estime oportuno.

Desde o menú "Administrar - Usuarios - Usuarios suspendidos e caducados" podemos acceder á pantalla de xestión desta funcionalidade.

 


Como suspender a conta dun usuario

Desde a pantalla de busca de usuarios, seleccionamos o(s) usuario(s) que desexamos suspender temporalmente e pulsaremos o botón "Editar usuarios seleccionados" para acceder ás opcións de suspensión da conta do usuario. Desde esta pantalla, pulsaremos sobre a opción "Suspender" para efectuar a suspensión da conta do usuario seleccionado.

Tamén podemos introducir un "motivo da suspensión" ou "razón da suspensión". Este dato resultará moi últil á hora de consultar e xestionar as contas de usuarios suspendidas.

  


   

Despois de introducir o motivo da suspensión, simplemente teremos que pulsar sobre o botón "Suspender" e a suspensión da conta dese usuario será efectiva desde ese preciso momento.

 

Como identificar os usuarios suspendidos

Se volvemos novamente á pantalla de busca de usuarios, podemos identificar fácilmente aos usuarios supendidos xa que aparecen remarcados en cor amarela e ademáis inclúen unha icona de cor negra ao lado do dato “nome de usuario”.



   

En calquera momento poderemos acceder á pantalla de xestión de usuarios suspendidos para reactivar as contas dos usuarios que se atopen nesta situación.

   

 

 

        

  Agueiro      

Última modificación: venres, 13 de maio de 2022, 12:14 PM