As comunidades educativas dixitais

   


En Agueiro, as comunidades educativas dixitais están formadas por todos os usuarios (profesores + alumnos) dun mesmo centro educativo.

Cómo crear unha comunidade educativa virtual
Para que un centro educativo poida ter creada unha comunidade, o propio centro debe solicitalo por medio dun correo electrónico enviado á conta "agueiro@edu.xunta.es" indicando os datos persoais dun profesor/a do centro, como mínimo, que asumirá o rol de administrador da comunidade.

Cando estea creada a comunidade para ese centro, desde o proxecto Agueiro responderemos a ese correo electrónico indicando os datos de acceso e as instruccións básicas para comenzar a traballar na comunidade.


En todas as comunidades educativas virtuais (centros educativos en Agueiro) existen o rol de administrador e mais o rol de xestor.
O rol de administrador será asumido por un ou varios profesores do centro educativo e o rol de xestor será asumido por todo o resto do profesorado dese mesmo centro.

Tanto os administradores como os xestores serán os encargados de velar polo bo funcionamento da súa propia comunidade e o cumprimento das normas.
Os administradores xestionan íntegramente a súa comunidade, incluíndo as altas e baixas de usuarios, e os xestores controlan o funcionamento dos grupos.

En algúns grupos tamén pode existir o rol de titor (un profesor membro do grupo), que exercerá as funcións de moderador do grupo.

En xeral, os administradores das comunidades asumen a maioría das responsabilidades de xestión e mantemento da súa propia comunidade.

Os usuarios con rol de xestor asumen a xestión íntegra dos grupos mentres que os usuarios con rol de membro (os alumnos) non xestionan ningún aspecto do funcionamento da comunidade.


icono-recordar.png Debes recordar que ...
Para que o teu centro educativo dispoña dunha comunidade educativa virtual dentro de Agueiro, o propio centro deberá solicitalo enviando un correo electrónico a "agueiro@edu.xunta.gal", indicando neste correo os datos persoais dun profesor do centro que asumirá o rol de "administrador" desta comunidade.

 

Como dar de alta aos profesores na comunidade de Agueiro

O(s) administrador(es) da comunidade pode(n) dar de alta aos profesores do seu centro educativo dentro da súa propia comunidade, da seguinte maneira:

  1. Os profesores deberán entrar por primeira vez en Agueiro, identificándose coas súas credenciais corporativas (usuario e contrasinal do seu correo electrónico corporativo) para que poidan aparecer no buscador de Agueiro. 
    Neste primeiro acceso os profesores aínda non forman parte de ningunha comunidade, polo que será necesario que reciban unha invitación por parte dun administrador da comunidade para poder entrar a formar parte desa comunidade.

  2. Como administrador da comunidade, pulsa sobre o menú "Administrar -> Comunidades -> Membros".
    (ver imaxe inferior)

  3. No menú despregable que se mostra no medio da pantalla, titulado "Usuarios para mostrar", seleccciona a opción "Usuarios que non pediron formar parte da comunidade".
    (ver imaxe inferior)

  4. No recadro Buscar, introduce o nome do profesor que queiras invitar a formar parte da túa comunidade.
    Agueiro mostrará no recadro titulado "Non membros" a todos os usuarios que coincidan con ese nome.
    De entre todos os que aparezan, selecciona o profesor que desexas invitar a que entre na túa comunidade.
    (ver imaxe inferior)

  5. Pulsa no botón azul coa flecha que indica hacia a dereita, para pasar o profesor seleccionado ao recadro da dereita titulado "Usuarios para invitar".
    (ver imaxe inferior)

  6. Finalmente, pulsa o botón "Invitar usuarios".
    (ver imaxe inferior)

Cada profesor que invites, recibirá esa invitación tanto no seu correo electrónico como na bandexa de entrada da mensaxería interna de Agueiro. O profesor invitado só deberá aceptar a invitación pulsando no enlace que lle aparecerá na mensaxe recibida.

invitar-usuarios.png.1

 

icono-recordar.png

Debes recordar que ...
Os únicos que poden engadir (ou invitar) a outros usuarios á súa comunidade son os profesores con rol de administrador dentro da comunidade.

Se ti non es un dos administradores da túa comunidade non poderás engadir novos usuarios.

 

Como asignar o rol de "xestor" aos profesores

Para que os profesores que forman parte dunha comunidade poidan crear e xestionar os seus propios grupos, deben asumir o rol de "xestor" da comunidade.

A asignación de roles dentro dunha comunidade é unha responsabilidade exclusiva do(s) administrador(es) da propia comunidade. 

O procedemento para asignar o rol de xestor a un ou varios profesores é o seguintes:

  1. Como condición previa, os profesores deben ser membros da comunidade
    (apartado anterior)

  2. Como administrador da comunidade, pulsa sobre o menú "Administrar -> Comunidades -> Xestores"
    (ver imaxe inferior)

  3. No recadro titulado "Membros da comunidade" aparecerán todos os usuarios dados de alta na propia comunidade. 
    De entre todos eles, selecciona o(s) profesor(es) ao que lle queres asignar o rol de "xestor".
    NOTA : Recomendamos realizar este procedemento un por un, usuario por usuario, para evitar erros.
    (ver imaxe inferior)

  4. Pulsa no o botón azul coa flecha que indica hacia a dereita, para pasar o profesor seleccionado ao recadro da dereita titulado "Xestores da comunidade"
    (ver imaxe inferior)

  5. Finalmente pulsa o botón "Enviar"
    (ver imaxe inferior)

 

asignar-rol-xestor.png.1

 

  Debes recordar que ...
Os únicos usuarios que teñen permisos para asignar roles a outros usuarios dentro dunha comunidade, son os administradores desa mesma comunidade.

Se ti non es un dos administradores da túa comunidade non poderás asignar roles a outros usuarios.

 

  

Como dar de alta alumnos na comunidade

Este procedemento debe ser realizado por un administrador da comunidade, xa que os usuarios con rol de administrador son os únicos autorizados para dar de alta novos usuarios.

O(s) administrador(s) da comunidade usará o menú "Administrar -> Usuarios -> Engadir usuario".

(ver imaxe inferior)

alta-de-alumnos.png.1

Resulta moi importante que o dato "correo electrónico" que se introduce para cada alumno corresponda exactamente co formato descrito anteriormente, xa que este dato é o que relaciona a cada alumno coa súa comunidade (centro educativo en Agueiro), polo que o dato CODIGOCENTRO debe ser exactamente o que corresponde a cada centro.

Obviamente este correo electrónico é ficticio (non real) no caso dos alumnos, pero é imprescindible para a identificación do alumno dentro da plataforma Agueiro.

Tal como se indica no paso 3 (ver imaxe), o resto dos datos deben corresponder aos seguintes criterios:

  • Nome = Nome real do alumno/a
  • Apelidos = Apelidos reais do alumno/a
  • Correo electrónico = Deberá ter sempre o formato "nome.apelidos@codigocentro.es", substituíndo "codigocentro" polo código real do centro educativo.
  • Nome de usuario = Deberá ter o formato "nome.apelidos", substituíndo estes datos polos datos reais do alumno
  • Contrasinal = Deberá introducirse o mesmo dato para todos os alumnos, de maneira que cada alumno cambiará o seu contrasinal a primeira vez que entre en Agueiro

 

Como dar de alta moitos alumnos ao mesmo tempo

Existe a posibilidade de dar de alta na comunidade a moitos alumnos ao mesmo tempo, usando un ficheiro de texto con formato CSV.

Este procedemento, igual que o anterior, só pode ser realizado por un administrador da comunidade.

Estes son os pasos a seguir:

  1. Crea un ficheiro de texto plano (texto sen formato) utilizando un editor de texto.

  2. A primeira liña dese ficheiro de texto, debe conter o título dos campos a cubrir separados por comas, da seguinte maneira:

    username,password,email,firstname,lastname

  3. Na segunda liña e as seguintes, introdúcense os datos do usuario que corresponden aos campos anteriores e tamén separados por comas.
    En cada liña deben introducirse os datos dun único alumno, da seguinte maneira:

    pedro.lopez.perez,123456,pedro.lopez.perez@22000000.es,Pedro, López Pérez
    maria.fernandez.gomez,123456,maria.fernandez.gomez@22000000.es,María, Fernández Gómez

  4. Finalmente, como administrador, vai ao menú de Agueiro "Administrar -> Usuarios -> Engadir usuarios por CSV" e sube ese ficheiro á plataforma.
    (Ver imaxe inferior)

IMPORTANTE: O tipo de codificación de caracteres deste ficheiro debe ser "UTF-8"

 

 

icono-recordar.png

Debes recordar que ...
Os administradores das comunidades son os únicos usuarios que teñen permisos para xestionar aos usuarios da súa propia comunidade: engadir usuarios, borrar usuarios, realizar suspensión de usuarios, xestionar usuarios caducados, ... etc.

Se ti non es un dos administradores da túa comunidade non poderás realizar ningún tipo de xestión de usuarios.




  Agueiro      

Última modificación: sábado, 22 de outubro de 2022, 9:18 AM