3.5. Que son as URL segredas
Que son as URL segredas |
Que son as URLs segredas
As URLs segredas permítenche crear un enderezo de internet "especial" para cada unha das túas páxinas ou coleccións. Desta maneira, se lle envías esa "URL segreda" a calquera persoa que non sexa usuario de Agueiro, esta persoa poderá ver a túa páxina sen necesidade de entrar en Agueiro, simplemente introducindo ese enderezo no seu navegador de internet.
Podes crear URLs segredas para as túas páxinas desde o menú:
Menú = "Compartir -> Compartido por min"
Na columna da dereita da listaxe das túas páxinas verás unha icona (bola do mundo) que che permitirá crear fácilmente unha URL segreda para cada páxina concreta.
Pulsa sobre a icona para crear unha nova URL segreda.
NOTA: Neste exemplo creamos unha URL segreda para a páxina do perfil do usuario, pero poden crearse URL segredas para todas e cada unha das páxinas que contén o portafolio
Na seguinte pantalla mostraránse as URLs segredas existentes actualmente para esa páxina. Se non se mostra ningunha significa que esa páxina en concreto aínda non ten asignada ningunha URL segreda.
Pulsa sobre o botón "+ Nova URL segreda"
A URL segreda créase de forma automática cando pulsas o botón "+ Nova URL segreda".
Posteriormente podes editar esa URL segreda para asignarlle un periodo de acceso, é dicir, unha data de inicio e unha data de fin, de maneira que esa URL segreda permitirá acceder á túa páxina entre esas dúas datas exclusivamente.
Se non introduces ningunha data, a túa páxina será accesible permanentemente a través desa URL segreda. En calquera momento podes borrar a URL segreda pulsando sobre a icona "papeleira".
Debes recordar que ... Se queres que calquera persoa poida ver as túas páxinas, crea unha URL segreda para cada páxina. |
Agueiro |