3.4. As plantillas (aspecto visual)
As plantillas (aspecto visual) |
As plantillas (aspecto visual)
As plantillas permiten personalizar cada tema de maneira que o usuario pode modificar o aspecto visual de algúns elementos dos temas, creando as súas propias plantillas.
Os temas mostrarán estas modificacións, cando o usuario seleccione unha plantilla para aplicar ás súas páxinas.
Menú = "Crear -> Plantillas"
Cando o usuario accede por primeira vez ao menú de "Plantillas" pode pasar que a aplicación mostra a mensaxe "Non hai plantillas" ou tamén pode pasar que xa exista algunha plantilla dispoñible, que foi creada por outros usuarios de Agueiro.
Neste sentido, todos os usuarios de Agueiro poden crear as súas propias plantillas e, se o desexan, poden configurar estas plantillas como "públicas" de maneira que os demáis usuarios de Agueiro poderán usalas para as súas propias páxinas.
As plantillas permítenlle ao usuario personalizar os seguintes elementos dos diferentes temas:
- Cor de fondo
- Imaxe de fondo
- Tipo e tamaño das fontes de texto
- Cor das fontes de texto de cada elemento
- Estilo das ligazóns (enlaces)
- Estilos predeterminados con CSS
Como crear unha plantilla
Para crear unha nova plantilla fai clic sobre o botón "Crear plantilla".
Na primeira pantalla de creación da plantilla verás que debes poñer un título (dato obrigatorio) e unha descrición (dato opcional) que identifiquen á túa plantilla.
Ademáis, deberás decidir se queres que esta plantilla sexa "pública" ou "privada":
- Esta é unha plantilla privada
Únicamente ti poderás ver e usar esta plantilla nas túas páxinas. - Esta é unha plantilla pública
Calquera usuario de Agueiro poderá ver e acceder a esta plantilla para usala nas súas páxinas.
Nos seguintes apartados de "Fondo", Fontes e cores" e "Avanzado" poderás configurar distintos aspectos da túa plantilla.
Debes recordar que ... Por esta razón, cada vez que aplicas unha plantilla sobre unha páxina, modificas o aspecto visual de algúns dos elementos do tema asociado a esa páxina. Cando borras a plantilla, a páxina volve a mostrarse co aspecto orixinal do tema. |
Agueiro |