2.3. Os blogs
Os blogs |
Que son os blogs
Os blogs son ferramentas coas que podes elaborar os teus textos e documentos que posteriormente poderás compartir (se o desexas) con outros usuarios ou grupos. En cada entrada dos teus blogs poderás permitir que outros usuarios fagan os seus comentarios ou valoracións.
Podes crear tantos blogs como queiras, de maneira que podes ter blogs temáticos ou dispoñer de blogs específicos para destinalos aos usos que necesites.
Pulsa sobre o menú "Crear-> Blogs" para acceder aos teus blogs. Por defecto, Agueiro crea de forma automática un blog persoal para cada usuario que leva por título o nome do propio usuario.
Se queres crear máis blogs pulsa sobre o botón "Engadir blog".
Na imaxe que aparece a continuación móstrase o aspecto do listado de blogs temáticos creados polo usuario. En cada blog o usuario pode crear novas entradas directamente pulsando sobre o botón "Engadir entrada" ou pode acceder ao contido completo do blog pulsando sobre o seu título.
Engadir entrada de blog
IMPORTANTE: Podes usar a app "Mahara Mobile" para dispositivos móbiles (para Android e iOS) para crear e escribir as túas entradas de blog e subilas a Agueiro de forma fácil e rápida desde o teu móbil.
Todos os blogs e todas as entradas de blog son totalmente privados mentres non os insertes dentro dunha páxina, polo tanto podemos considerar que a creación e publicación dunha nova entrada de blog consta dos seguintes 3 pasos:
- Escribes a nova entrada de blog e gárdala.
- Dentro dunha páxina escolles o lugar onde queres colocar a entrada de blog e publícala.
- Daslle permisos de acceso aos usuarios que queiras que vexan esta entrada de blog.
Pero antes de todo o anterior, o primeiro paso será crear ou engadir a nova entrada de blog.
Título
Escribe un titulo para a nova entrada. Este campo é obrigatorio
Corpo
Aqui escribes o texto da entrada, no que podes insertar imaxes, gráficos, animación, vídeo ou calquera outro elemento multimedia, usando as barras de ferramentas do editor de texto.
Etiquetas
Inserta etiquetas no teu blog, de maneira que che resultará moito máis fácil de buscar ou localizar máis adiante unha determinada entrada na túa nube de etiquetas.
Licenza
Se o desexas, podes seleccionar unha licenza para este novo contido.
Engadir un ficheiro
Cando adxuntas ficheiros directamente a unha entrada de blog, os usuarios que teñan permiso para ver o teu blog tamén poderán ver e/ou descargar o ficheiro.
Borrador
Maraca como borrador esta nova entrada se aínda non está acabada completamente. Isto resulta especialmente útil se publicaches nunha páxina o blog completo ao que pertence esta entrada, pero non queres que ninguén vexa aínda
esta nova entrada. Cando a entrada está en modo borrador sempre será visible para ti, pero non para os demáis.
Permitir comentarios
Selecciona "SI" se queres permitir que os usuarios que vexan esta entrada poidan escribir comentarios sobre ela.
Debes recordar que ... |
Agueiro |