Parada de emerxencia e restablecemento do servizo

EDIXGAL


Parada de emerxencia    

Unha parada de emerxencia prodúcese cando o usuario pulsa a "seta" de cor vermella.

   


  

Despois de pulsar a "seta" queda enclavada na posición de pulsada para evitar que se restableza accidentalmente a alimentación eléctrica e permanecerá nesa posición ata que que manualmente se restaure á súa posición orixinal.




Restablecer o funcionamento do armario de carga    

Despois dunha parada de emerxencia e unha vez que se solucione o problema que provocou esta parada, será necesario restablecer o funcionamento normal do armario de carga. Estes son os pasos a seguir:



Desconectar o cable de alimentación eléctrica do armario de carga


Xirar suavemente o pulsador "seta" ata que éste faga "clic" e volva á súa posición orixinal elevada.

   




Acceder á parte traseira do armario de carga, onde están os elementos eléctricos e rearmar o sistema eléctrico levantando o interruptor tal como se pode apreciar na seguinte imaxe.



  

Despois de realizar o procedemento anterior, debe pecharse novamente con chave a parte posterior do armario de carga, para evitar unha posible manipulación indebida.

  


Volver a conectar o cable de alimentación eléctrica

  


Pulsar o botón verde do protector eléctrico do cable.

  




EDIXGAL
Última modificación: xoves, 5 de decembro de 2019, 10:08 PM