2.1 Carga de tipo manual
Carga de tipo manual
|
Carga manual dos equipos
No caixón superior, protexido por pechadura, atopamos o panel de operación do sistema (programador) que inclúe varios botóns con diferentes funcionalidades.
Para iniciar a carga manual (non programada) debemos pulsar sobre o botón verde identificado como "START". Ao pulsar o botón "START" o armario de carga inicia o proceso de carga dos equipos de forma inmediata, durante 4 horas contínuas, que son as horas de carga programadas por defecto. No caso de ser necesario, pode deterse a carga manual antes de que remate pulsando o botón vermello identificado como "STOP". Botón "START" para iniciar a carga manual Botón "STOP" para deter a carga manual |
Indicadores luminosos da parte superior
Podemos comprobar que a carga está activada, cando está iluminado o piloto de cor amarela (laranxa) situado na parte superior do armario de carga. Cando está iluminado o piloto de cor verde indica que o armario de carga está conectado á rede eléctrica e no estado de espera entre os periodos de carga.
Como sistema de seguridade adicional, todos os armarios de carga inclúen un pulsador (seta) de parada de emerxencia de maneira que ante calquera anomalía detectada, o usuario pode deter todos os procesos en marcha e desactivar a alimentación eléctrica do armario de carga de forma inmediata e instantánea.