2.1 A barra superior
A barra superior
|
Ao entrar na contorna GNOME, imos atopar un escritorio totalmente baleiro de elementos visuais, onde únicamente apreciamos unha barra horizontal superior.
Esta barra, dispón de tres zonas claramente diferenciadas que agrupan 3 tipos de elementos:
Menú Actividades dende onde podemos acceder as distintas aplicacións do sistema, ver as aplicacións que temos abertas, acceder ao menú de favoritos, ...
Mostra o calendario, reloxo e os eventos ou citas sinalados no mesmo e tamén as notificacións do sistema.
O menú do Sistema onde se atopan determinadas iconas de configuración do sistema: conexión wifi, bluetooth, volume, estado da batería; tamén dende esta zona podemos acceder as iconas que nos permiten cambiar de usuario, cambiar as preferencias do sistema, ou apagar o equipo.