1.1 Os entornos de escritorio da maqueta Abalar
Os entornos de escritorio da maqueta Abalar |
Os entornos de escritorio, en xeral, son paquetes de software deseñados para interactuar de maneira gráfica e intuitiva co propio sistema operativo, de maneira que incorporan elementos gráficos comúns e habituais para calquera usuario, como iconas, barras de tarefa, menús desplegables, ventás, animacións, fondos ... etc.
A partir da maqueta Abalar 7.x e a partir da maqueta Abalar Libre 18.x, todas as maquetas Abalar incorporan 2 escritorios que poden ser seleccionados polo usuario indistintamente en cada unha das súas sesións de traballo co equipo:
O escritorio por defecto para todas as maquetas Abalar é o escritorio XFCE, pero o usuario pode cambiar ao entorno de escritorio GNOME en calquera momento según as súas preferencias.
Escritorio XFCE
XFCE é un entorno de escritorio bastante lixeiro e moi completo, especialmente orientado para ser utilizado por equipos de baixos recursos, xa que consume moi pouca memoria RAM. Unha das principais características e quizás a máis notable, é que este entorno de escritorio non conta con elementos superfluos ou netamente decorativos. Desta maneira, o rendemento é moito maior e a velocidade de execución do entorno visual tamén é maior, sen necesidade de consumir cantidades de memoria RAM enormes, para aproveitar mellor os recursos do sistema e optimizar o funcionamento.
Escritorio XFCE co menú "Aplicativos" desplegado.
Escritorio GNOME
Unha das principais características que podemos destacar deste entorno de escritorio é o seu sistema interactivo completamente intuitivo, que axuda ao usuario a traballar de maneira sinxela e rápida. O sistema de menú de Gnome é moi completo e a súa interfaz de usuario é altamente configurable, pensada para que o usuario poida adaptar o funcionamiento de Gnome ás características de hardware do seu equipo e aos seus gustos persoais.
Escritorio GNOME co menú "Actividades" sen desplegar.