3.3 Rotar imaxes
Rotar imaxes |
Rotar imaxes
Outra das ferramentas que podemos usar no tratamento de imaxes é a rotación. Para acceder a esta ferramenta seleccionamos a opción Rotar imaxes... do menú contextual que se mostra ao facer clic co botón dereito do rato sobre a imaxe.
A pantalla está dividida en dúas partes: Na primeira pídenos o ángulo de rotación que lle queremos aplicar á imaxe; na segunda pregúntanos sobre o nome que lle queremos dar ao ficheiro resultante da operación.
Rotación da imaxe
Seleccione un ángulo:
Neste caso temos tres opcións predefinidas que vemos nesta imaxe:
90º clockwise: Rotará a imaxe 90º no sentido das agullas do reloxo.
90º counter-closewise: Rotará a imaxe 90º no sentido contrario ao das agullas do reloxo.
180º : Rotará a imaxe 180º.
Ángulo ... graos no sentido horario:
A imaxe rotará a cantidade de graos especificada, no sentido das agullas do reloxo. Para aplicar esta opción, cando sexa necesario (imaxes en diagonal), o programa creará un fondo coas dimensións necesarias para acoller a imaxe unha vez rotada, cambiando así as dimensións da mesma.
Nome do ficheiro
Respecto do nome do ficheiro para o resultado da operación temos dúas opcións:
Engadir ao final...
Se eliximos esta opción deberemos especificar un texto que o programa utilizará para dar nome aos ficheiros resultantes da operación realizada, engadindo este texto ao nome orixinal antes da extensión. Así conservaremos o ficheiro orixinal intacto e obteremos unha copia modificada. Por exemplo, se o ficheiro orixinal é gato.jpg e especificamos como texto 90 graos, o ficheiro resultado será gato90graos.jpg.
Rotar no mesmo ficheiro.
Neste caso o programa substituirá o ficheiro orixinal polo que resulte da operación realizada.