2.2 Buscar ficheiros e cartafoles
Buscar ficheiros e cartafoles |
Buscar un ficheiro
Nautilus contén un buscador que nos permite localizar rápidamente ficheiros ou cartafoles, tecleando directamente o nome do elemento ou ben utilizando diversos criterios de busca.
Se pulsamos facemos clic sobre o desplegable do buscador, móstranse os dous criterios de busca fundamentais: "Cando" e "Que". Combinando estes dous criterios co nome ou parte do nome, poderemos localizar fácilmente calquera ficheiro ou cartafol.
O calendario que aparece dentro do recadro "Cando" mostra o calendario do mes actual (coa posibilidade de seleccionar outro mes e incluso outro ano) para poder facer clic sobre os posibles días de creación, as datas nas que se fixo algunha modificación ou as datas nas se fixo uso dese ficheiro ou ese cartafol.
Utilizando o criterio "Que" podemos realizar buscas máis específicas indicando se o que buscamos é un ficheiro, un cartafol, un documento, un audio, ... etc ...