2.2 Crear un cartafol
Accións con ficheiros e cartafoles |
Crear un cartafol
Situámonos no cartafol que vai conter este novo cartafol (no exemplo, situámonos no "Cartafol persoal")
Facemos clic co botón dereito do rato sobre unha zona libre da área de traballo.
Aparece un menú flotante, no que seleccionaremos a opción "Novo cartafol".
Móstrase un recadro flotante onde se nos pide que escribamos o nome do novo cartafol. No exemplo, escribimos "programacións".
A continuación pulsamos o botón "Crear" dese mesmo recadro flotante.
Finalmente comprobamos que o novo cartafol que acabamos de crear sitúase no lugar que lle corresponde según a ordenación que teñamos seleccionada. No exemplo temos seleccionada a ordenación alfabética ascendente, polo que o novo cartafol sitúase entre os cartafoles "Música" e "Público".