1.1 Como iniciar Nautilus
Como iniciar Nautilus |
Como accedemos a Nautilus
Cando necesitamos ver o contido dun cartafol, buscar un determinado ficheiro ou organizar os nosos documentos, podemos usar Nautilus como ferramenta de exploración e xestión de ficheiros.
Podemos iniciar Nautilus desde o menú "Aplicativos - Executar programa" e teclear o seu nome. Deste xeito podemos iniciar calquera aplicación da que coñezamos o seu nome e neste caso deberemos teclear a palabra "nautilus" e pulsar o botón "Iniciar".
Tamén podemos executar Nautilus desde o menú "Aplicativos - Accesorios - Ficheiros", que é o menú onde está instaldo por defecto.
Por outro lado, tamén podemos iniciar Nautilus desde o terminal, iniciando previamente unha sesión do terminal e tecleando o seu nome na liña de comandos.
Pantalla principal de Nautilus
Despois de iniciar Nautilus por calquera dos métodos anteriores, veremos que se mostra no escritorio a pantalla principal desde a que podemos ver e acceder a todos os ficheiros e cartafoles do equipo. A vista que se carga inicialmente é a do cartafol persoal do usuario.