Seleccionar, resaltar, liñas e frechas

EDIXGAL

Selección, resaltar, liñas e frechas

As primeiras ferramentas que nos atopamos na barra lateral esquerda permítennos realizar sobre a imaxe liñas, frechas e debuxos a man alzada.

 


   

Debuxar una liña a man alzada

Esta ferramenta permite debuxar liñas, utilizando o rato, por encima da imaxe (captura de pantalla). Cando se selecciona esta ferramenta, na barra inferior da ventá do editor móstranse os selectores que nos permiten escoller as características da liña: cor do trazo e grosor da liña. No exemplo que aparece a continuación debuxáronse dúas liñas de cor vermella cun grosor de 3.0.

 



Resaltador

Co resaltador podemos realizar trazos semi-transparentes por encima de determinadas partes da imaxe ou textos da imaxe, utilizando cores que resaltan estes elementos. Despois de seleccionar a ferramenta, na barra inferior podemos escoller as características do trazo como a cor, ou o ancho. Na imaxe que se mostra a continuación vemos o resalte realizado sobre o logotipo de Debian.

   

  



Debuxar unha liña recta

A ferramenta de debuxo de liñas rectas permítenos debuxar liñas rectas sobre a imaxe, coas características que desexemos: cor, ancho da liña, dirección, ... Depois de debuxar a liña, a ferramenta enmarca esta liña nun recadro con 8 puntos de contacto que nos permiten movela e redimensionala como queiramos, mentres continuemos no modo edición. Na imaxe vemos unha liña recta de cor vermella e 3.0 de ancho enmarcada cos puntos de contacto que nos permiten modificala.

    



Debuxar unha frecha

O debuxo de frechas sobre a imaxe é outra das ferramentas que nos permite destacar ou centrar a atención sobre determinadas partes da imaxe ou os elementos que a compoñen. Igual que nos casos anteriores, despois de seleccionar a ferramenta podemos escoller as características que desexamos para as flechas: cor, ancho, ... Na imaxe vemos 3 frechas de cor vermella debuxadas sobre a imaxe, de diferentes grosores. A frecha máis ancha vemos que tamén aparece enmarcada polos 8 puntos que nos permiten modificala.

  


  



EDIXGAL
Última modificación: sábado, 14 de decembro de 2019, 6:51 PM