2.3 Permisos de acceso do alumnado
Permisos de acceso do alumnado |
Tipos de permisos de acceso
O alumnado, desde o seu equipo, pode ver dous accesos directos aos cartafoles "alumno" e "profesor" que se atopan en todos os equipos do profesor Abalar/Edixgal:
- Recurso Alumno en Profesor: conecta co cartafol "alumno" do equipo do profesor
- Recurso Profesor en Profesor: conecta co cartafol "profesor" do equipo do profesor
Todos os equipos de profesor das aulas Abalar/Edixgal conteñen estes cartafoles compartidos, polo que os profesores terán que indicarlles aos alumnos cal é a súa dirección IP para que poidan conectar co seu equipo.
Cartafol "alumno"
O alumado da aula, desde o seu equipo, pode acceder ao cartafol "alumno" do equipo do profesor con permisos tanto de lectura como de escritura, é dicir, todos os alumnos poderán:
- Ver, copiar, pegar, eliminar e modificar o contido deste cartafol.
Cartafol "profesor"
O alumnado da aula, desde o seu equipo, pode acceder ao cartafol "profesor" do equipo do profesor pero só con permisos de lectura, é dicir, todos os alumnos poderán:
- Ver e copiar o contido deste cartafol.