Conexión desde o equipo do alumno

EDIXGAL

Configurar a IP do equipo que ten os cartafoles compartidos

No ultraportátil do alumno haberá que indicar cal é a IP do equipo que ten os recursos compartidos (equipo do profesor). Para realizar esta acción, o alumno deberá facer clic sobre o menú "Internet - Recurso Samba en Profesor"

5

     

Ao facer clic amosarase unha mensaxe na que haberá que especificar os dous últimos números dos catro que compoñen a IP do profesor (non esquecer o punto). 

Por exemplo, se a IP do profesor é 192.168.201.202, será preciso escribir na ventá emerxente do equipo do alumno os seguintes números separados por un punto: 201.202

    

6   

         

Despois de pulsar o botón de Aceptar, o equipo xa terá acceso aos recursos compartidos polo profesor e poderá acceder a eles desde o Xestor de ficheiros.

 

Acceso aos cartafoles compartidos

A primeira vez que o alumno accede aos cartafoles compartidos (en cada sesión) o sistema pedirá identificación pero bastará con que o alumno acepte a conexión anónima (opción marcada por defecto) para poder acceder a todos os contidos.

    

6

             

Despois de que a conexión xa está establecida, o Xestor de ficheiros do equipo do alumno mostrará un novo espazo chamado "Rede", con accesos aos cartafoles compartidos nos que se se inclúe un botón (na parte dereita) que permite desconectar a conexión establecida con cada cartafol individualmente.

   

6

Se o alumno desconecta a conexión establecida con algúns dos cartafoles, para volver a conectar o sistema volverá a pedirlle identificación e bastará (igual que na primeira conexión) con que o alumno acepte a conexión anónima para volver a conectar.

      



EDIXGAL
Última modificación: xoves, 19 de xaneiro de 2023, 10:44 AM