Configuración do equipo do profesor

EDIXGAL

Determinación da IP do equipo do profesor

Dado que o equipamento Abalar/Edixgal traballa con direccionamento dinámico de rede (WiFi Abalar), será preciso indicar ao alumnado cal é a dirección IP do equipo do profesor ao que se debe conectar o equipo do alumno.

Un dos métodos para saber cal é a dirección IP do nos equipo Abalar/Edixgal será accedendo ao menú "Sistema -> Acerca de Maqueta Abalar"

5

   

            

A continuación aparecerá un recadro emerxente que contén diversa información sobre o noso equipo, entre a que se atopa a información referente á dirección IP asignada ao ordenador.

     

6

     

Esta será a dirección IP que debemos comunicarlles aos nosos alumnos, para que poidan conectar os seus equipos aos cartafoles compartidos do equipo do profesor.

        

    



EDIXGAL
Última modificación: xoves, 19 de xaneiro de 2023, 10:43 AM