11.3. Cartafoles accesibles desde o equipo do alumno
Cartafoles accesibles desde o equipo do alumno
|
Todos os equipos Abalar/Edixgal dos alumnos teñen acceso aos cartafoles compartidos no equipo do profesor.
Ubicación dos cartafoles nos equipos dos alumnos
Os alumnos poden acceder a estes cartafoles compartidos no equipo do profesor desde o Xestor de ficheiros que se pode atopar tanto na barra de tarefas da parte inferior do Escritorio, como no menú principal que se desprega ao pulsar o botón "Aplicativos".
Unha vez que se abre o Xestor de ficheiros, o alumnado pode ver os cartafoles compartidos "alumno" e "profesor", tal como se mostra na seguinte imaxe.
O recurso compartido profesor é de acceso limitado para os alumnos, só acceso de lectura, polo que non poderán crear, modificar ou borrar ningún dos contidos existentes nese cartafol.
O cartafol alumno, pola contra, está pensado para que os alumnos poidan compartir co docente ficheiros ou cartafoles e que este poida examinalos, corrixilos e/ou recollelos, polo que tanto alumnos como profesores poden crear, modificar, ou borrar os contidos deste outro cartafol alumno.
En resume: Desde os equipos dos alumnos, pódense gardar documentos e ficheiros para compartir no cartafol “alumno”. Esta información é accesible para todos os usuarios (profesores e alumnos).
O profesor pode recoller ou examinar toda esta documentación e ficheiros desde o seu equipo, accedendo ao cartafol “/home/usuario/aula/alumno”.
|