10.7. Accións dispoñibles sobre os clientes
Accións dispoñibles sobre os clientes
|
Sobre os clientes podemos facer unha serie de accións agrupadas nas seguintes categorías:
- Sesión
- Emisións
- Execución
- Restricións
Para realizar algunha destas accións temos que premer sobre o cliente co botón dereito e abrirase un menú contextual onde aparecerán as opcións para escollelas. Ademais das accións tamén neste menú contextual podemos eliminar clientes do grupo e cambiar o nome do cliente en Información.
Accións coa Sesión
- Iniciar o equipo
- Cerrar sesión
- Reiniciar o equipo
- Apagar o equipo.
Accións de Difusión
- Observar alumno: Mostra o que está a facer o usuario pero sen interactuar con el.
- Axudar Alumno: Mostra o que está a facer o usuario, pero permite tomar o control do equipo.
- Deter as difusión: Para todas as difusións.
Accións Executar
- Executar: Executa unha orde ou unha URL no equipo do alumno
- Enviar mensaxe: Envía unha mensaxe ao alumno
- Abrir un terminal: Abre un terminal no equipo do profesor.
Accións Restricións
- Trancar a pantalla: bloquea a pantalla do equipo do alumno
- Desatrancar a pantalla: desbloquea a pantalla do equipo do alumno
- Silenciar o son: silencia o son do equipo do alumno
- Non silenciar o son: desbloquea o silencio no equipo do alumno
- Bloquear a cámara web: bloquea a cámara web do equipo do alumno
- Desbloquear a cámara web: desbloquea a cámara web do equipo do alumno.
IMPORTANTE: Débese ter en conta que algunhas destas restricións son persistentes, é dicir, aínda que o alumno apague e reinicie o equipo, a restrición establecida polo profesor continuará vixente ata que o profesor a desactive.
|
Última modificación: xoves, 19 de xaneiro de 2023, 10:40 AM