Aplicación do docente e o cliente do alumno

EDIXGAL

Que é Epoptes

Epoptes (que en grego antigo significa "supervisor") é unha aplicación de software libre para a xestión e monitorización de aulas de ordenadores, especialmente deseñada para entornos educativos, que permite a un profesor tomar o control da aula para realizar demostracións aos estudantes.

Os principais obxectivos do emprego desta ferramenta son:

  • No equipo do docente poderanse previsualizar todos os escritorios dos equipos dos alumnos
  • Poderanse realizar accións de maneira masiva ou para equipos puntuais, tales como:
    • Bloquear os equipos, mostrando nas pantallas afectadas un cadeado o cal non permite o uso do equipo
    • Enviar unha mensaxes aos alumnos
    • Opcións de control de enerxía (apagar, reiniciar)
    • Visualizar a actividade dun alumno nun momento dado, así como tomar o control do mesmo. Movendo o rato e escribindo no equipo remoto
  • Creación de grupos de traballo coa finalidade de ter unha contorna organizada e que nos permitirá poñer un alcume a cada un dos equipos para a súa fácil localización

  

O software no equipo do docente (servidor)

   

Para iniciar o software Epoptes profesor, dirixímonos ao menú "Menú de aplicativos - Internet - Epoptes Profesor"

   

EPOPTES

   

Cando iniciamos esta aplicación abrirase un panel con tres áreas de traballo delimitadas:

  • Barra de accións
  • Columna de grupos
  • Area de escritorios de clientes

A comunicación entre o equipo do alumno e o do profesor realízase de forma segura mediante un sistema de chaves publico/privadas para evitar a interceptación de datos e que outro equipo ou persoa allea á clase puidese tomar o control do equipo do alumno.

  

EPOPTES

 

   

O cliente instalado nos equipos dos alumnos (Epoptes alumno) 

A hora de lanzar o aplicativo, habería que desprazarse ao menú "Internet - Epoptes Alumno"

   EPOPTES

 

A continuación pediráselle ao alumno que introduza os dous últimos octetos ou numeracións delimitadas por puntos da dirección IP do equipo do docente. Despois de introducir esta información e pulsar "Aceptar" este equipo xa se mostrará no panel de administración do equipo do docente.

  

EPOPTES

 



EDIXGAL
Última modificación: xoves, 19 de xaneiro de 2023, 10:37 AM