EDIXGAL

 Onde poido atopar axuda na rede

     

Internet Segura for KidsIS4K


Internet Segura for Kids (IS4K) é o Centro de Seguridade en Internet para menores de idade en España e ten por obxectivo a promoción do uso seguro e responsable da Internet e as novas tecnoloxías entre os nenos e adolescentes.

     

As súas liñas de actuación centránse en:

  • Sensibilizar e formar a menores, familias, educadores e profesionais do ámbito do menor, a través do densenvolvemento de campañas, iniciativas e programas de ámbito nacional.
  • Ofrecer un servizo de línea de axuda co que asesorar e asistir a menores, familias, educadores e profesionais do ámbito do menor sobre como facer frente aos riscos de Internet.
  • Organizar o Día da Internet Segura (Safer Internet Day) en España.
  • Reducir a dispoñibilidade de contido criminal en Internet, principalmente de abuso sexual infantil, dando soporte ás FFCCSE.

     

Neste portal o docente dispón que multitude de materias didácticos cos que abordar diversos temas da seguridade na rede.

https://www.is4k.es

   

Tú decides en Internet

     

Tú decides en internet é un portal abalado por a Agencia española de protección de datos que ofrece gran cantidade de información tanto a menores, como familias e docentes para axudar a facer un uso responsable da rede.

     

AEPD

   

A Agencia Española de Protección de Datos é consciente de que moitos dos riscos aos que se enfrentan os menores na rede vense favorecidos por un uso irresponsable e despreocupado, moitas veces por descoñecemento, dos datos de carácter persoal que se facilitan ao empregar a maioría dos servizos que ofrece Internet: redes sociais, servizos de almacenamento, mensaxería instantánea, correo electrónico, etc…. Por este motivo, a Agencia, que dende fai tempo ven prestando atención á protección dos menores, considerou que a mellor forma de garantila é mediante accións preventivas, por a vía da sua formación e concienciación. Para dito fin,  desenvolveu una páxina web, co obxectivo de ofrecer información, consellos, materiais e recursos coas claves necesarias para o uso seguro e responsable dos datos persoais na rede.

  

Tu decides en internet   

http://www.tudecideseninternet.es

    

     

Oficina de seguridad del Internauta

    

Oficina seguridad internauta Na Oficina de Seguridad del Internauta (OSI) do INCIBE proporcionase a información e o soporte necesarios para evitar e resolver os problemas de seguridade que poden existir ao navegar por Internet. O obxectivo é reforzar a confianza no ámbito dixital a través da formación en materia de ciberseguridade, traballando para conseguir:
    

  • Axudar aos usuarios a levar a cabo un cambio positivo de comportamento en relación coa adopción de bos hábitos de seguridade.
  • Facelos conscientes da sua propia responsabilidade en relación coa ciberseguridade.
  • Contribuir a minimizar o número e gravidade de incidencias de seguridade experimentadas por o usuario.

    

Neste portal encontrarás información xeral sobre a seguridade en Internet e ferramentas que che axudarán a navegar máis seguro.

 https://www.osi.es/es

 

 

EDIXGAL
Última modificación: mércores, 15 de setembro de 2021, 5:29 PM